Asinado, esta mañá, o contrato entre o Ministerio de Transportes e a empresa que baixará ao pecio do Villa de Pitanxo, en Terranova. Confirmouno o delegado do goberno tras reunirse con familiares dos 21 mariñeiros falecidos no naufraxio. // A CIG denuncia o que considera un intento de privatización da sanidade publica a través das mutuas, no acordo para o emprego e negociación colectiva asinado polos sindicatos UGT e Comisións coa patronal. // O agroglamour volve dende hoxe a aldea porriñesa de Cans co festival de cine que chega a sua vixéxima edición. Ademáis de Proxeccións, o programa inclúe coloquios, música, e outras actividades. 16-05-23