Preparados para servir as primeiras ceas dende que, en xaneiro, se endureceran as restricións. As novas normas de desescalada entran hoxe en vigor, so para os restaurantes que cumpran os requisitos. Empresarios de Bares e Cafeterías séntense discriminados. // Aumentan os casos activos, con 229 novos contaxios nas últimas horas, a cifra máis alta no último mes. Tamén sube a presión hospitalaria, e nas UCI seguen 26 ingresados. Non se rexistraron falecementos por Covid no último día. //.Os farmacéuticos animan á vacinación contra a Covid cunha campaña informativa para aclarar dúbidas. Lembran as vantaxes de estar inmunizado fronte ao risco de efectos secundarios, moi inferior, din, ao da maioría dos medicamentos. // Exercicios bélicos na ría de Pontevedra. Son os integrantes da Forza de Guerra Naval do Exército, que teñen habitualmente a súa base en Cartaxena. Así levan a cabo o adestramento das manobras para desenvolver en misións en calquera lugar do mundo. 16-04-2021