Os detidos cando intentaban descargar un alixo de 1.100 quilos de cocaína en Vilanova de Arousa, pasan a disposición xudicial. Son Sete homes de nacionalidade albanesa, e un galego | O sistema sanitario galego realizou máis dun transplante de órganos ao día, 424 en total en 2024, o que supón case un 30% máis que no ano anterior | A Xunta insiste en reclamar as competencias en meteoroloxía e advirte de que, en caso de que o goberno central non llas facilite, aprobará unha lei para forzar a transferencia | Gonzalo Caballero renuncia a disputar a Gómez Besteiro o cargo de secterario xeral nas primarias do PSdeG-PSOE | Na eliminatoria da Copa hoxe tócalle ao Celta loitar polo pase a cuartos de final. O Pontevedra quedou eliminado en Pasarón, ao non poder remontar o gol do Xetafe nos primeiros instantes do partido