Galicia, gran triunfadora nos Premios Nacionais de Artesanía que entrega o Ministerio de Industria, ao lograr tres das cinco categorías. | Os bombeiros comarcais, que levan seis meses en folga, concéntranse desde hoxe e de xeito indefinido na praza do Obradoiro. | A campaña de Nadal suporá a creación duns 18.000 postos de traballo temporais en Galicia, unha cantidade inferior á do ano pasado. | A Mostra As Idade do Home chega a Galicia e Castela e León. Os presidentes das dúas comunidades asinaron o protocolo coa entidade que leva 35 anos organizando a exposición. | Na Fonsagrada tocaron 180 millóns de euros do gordo da lotaría do ano pasado.. Varios dos agraciados aseguran que a sua vida non cambiou demasiado coa choiva de millóns. 15-12-23