Os contaxios detectados nas últimas horas superan os mil. A maioría, persoas entre 20 e 29 anos. A taxa de positividade dispárase ao 15 por cento. Tamén aumenta a presión hospitalaria e logo de oito días sen falecementos, notifícase a morte de duas persoas por Covid en Galicia. // A incidencia aumenta en todalas áreas sanitarias e entre as cidades a que ten a maior é a de Ourense, con 368 casos por 100.000 habitantes, o dobre da media do conxunto de Galicia. // O aumento de casos dispara nas farmacias a demanda de test de saliva e os de antíxenos, que ofrecen o resultado en poucos minutos. A partir da próxima semana poderán mercarse sen necesidade de receita médica. // Alugar un barco para desfrutar dunha navegación tranquila nun ambiente familar e seguro. Unha alternativa para o lecer turistico que se abre paso en Galicia, con prezos para grupos dende 500 euros por día. 15-07-2021