A parroquia de Elviña, na Coruña, converteuse no escenario dun incendio forestal. Neste simulacro, o suposto lume estaba próximo as vivendas, polo que se declarou o nivel 2 de alerta. Un exercicio que forma parte da prevención ante a chegada do verán. // Traballadores de prisións reclaman a construción dun hospital psiquiátrico penitenciario para atender aos máis de mil reclusos galegos que padecen algún tipo de patoloxía mental. // A Xunta pon en marcha un programa para que as farmacias axuden coa medicación a persoas maiores que viven soas e teñen dificultades para tomala correctamente, mediante un sistema de dosificación persoalizada. 15-05-23