A Xunta recupera o Bono Activa Comercio de 30 euros, para favorecer o consumo en pequenos establecementos, nunha nova convocatoria dotada con 17 millóns de euros. // O grupo Inditex sobe case un cinco por cento a sua cotización na bolsa, logo de coñecer os beneficios do último semestre. Récord de vendas e beneficios de 1.800 millóns de euros. // Polémica na Coruña pola decisión da familia Franco de volver poñer a venda a Casa Cornide, a través dun portal Inmobiliario. O concello reclama á Xunta que axilice a declaración de Ben de Interese Cultural do Edificio. // A escritora pontevedresa Susana Fortes volve ás librarías con 'Nada que perder'. Un thriller impactante ambientado nun pobo imaxinario do rural galego,na fronteira con Portugal, habituado ás tráxicas desaparicións de nenos na ría. 14-09-22