Comenza a Operación saída da ponte na que se prevén máis deprazamentos de todo o ano. Segundo a DGT, serán máis dun millón nas estradas galegas | O sector turístico percibe cambios nos hábitos dos visitantes, que optan por estancias máis curtas, menor consumo na hostalaría e opcións de lecer máis económicas | En Fisterra, foi presentado hoxe o escuadrón de cabalaría da Garda Civil que se incorpora á vixilancia no Camiño de Santiago | O Partido Popular rexeita, coa sua maioría, un pleno extraordinario pedido pola oposición para tratar do sobrecusto das obras do hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo | O muralista ourensán Mon Devane ten na sua cidade unha nova obra de grandes dimensións | Mañá é o día máis festivo do ano, con celebracións musicais, gastronómicas ou culturais, repartidas por todo o territorio