O ministro de Transportes insiste na falta de fondos do seu departamento para asumir o traspaso e rescate da AP-9 e cifra o custe en máis 6.000 millons de euros | Os representantes do sector eólico advirten do freo que están a sufrir. No último ano, din, non se instalou en Galicia ningún aeroxenerador novo | Tanto o BNG como o PP afean ao ministro esa cifra e piden informes para coñecer o custe real da gratuidade | Aprobados na ABAU algo máis do 96 % dos alumnos que se presentaron na fase xeral | Alumnos dun instituto de Bueu adaptan ao galego o musical Os Miserabeis | Xa está en marcha o Arde Lucus, a festa de recreación do pasado romano e castrexo da cidade da muralla