Manuel Baltar non será candidato a presidir a Deputación de Ourense. Afirma que quere facilitar que a Deputación provincial teña un presidente ou presidenta do Partido Popular. // En Xermade, un raio causou considerables danos nunha vivenda, na que levantou o chan e calcinou a instalación eléctrica. Os habitantes da casa non resultaron feridos. //A catedral de Santiago recupera hoxe o abrazo ao apóstolo, tras máis de tres anos interrompido pola pandemia. Contará cun acceso diferenciado e a prohibición de facer fotos para que sexa maior o número de fieis que poidan cumprir este ritual. 14-06-23