Inaugurado o Coruña Estudio Inmersivo, un centro situado na cidade das TIC, na antiga Fábrica de Armas. Son 750 metros cadrados de estudio, que supuxo un investimento de 9 millóns | A inflación situouse no 2,7 % en xaneiro, a mesma porcentaxe coa que rematou o ano pasado en Galicia. O prezo da enerxía e da vivenda segue empuxando cara arriba o IPC, en tanto que o vestido e o calzado continúan abaratándose | A antiga estación de autobuses de Vigo converteuse nun refuxio para decenas de persoas sen fogar. Agora, Xunta e Concello de Vigo estudan valar o edificio e os que alí viven enfrontanse a un futuro incerto | A esperanza de vida en Galicia aumenta en case un ano. Segundo o Instituto Galego de Estatística, o promedio de vida sitúase nos 84 anos. As mulleres contan cunha expectativa máis longa: 86 anos e aumenta a diferencia ca dos homes, que viven arredor de 81