O Tribunal Superior de Xustiza aborda a contaminación do encoro das Conchas en Ourense por unha denuncia sen precedentes: cidadáns que acusan ás administracións por inacción en prexuízo de dereitos fundamentais | Unhas obras de renovación da liña de tren entre Lugo e Monforte están baixo a lupa da Unidade Central Operativa da Garda Civil. Os axentes sospeitan que o exasesor Koldo García tentou influír na adxudicación realizada por un millón catrocentos mil euros | PAU ordinaria con bos resultados, unha porcentaxe de aprobados do 95% e sen variacións respecto a anos anteriores, malia o cambio no modelo de exame | Os concertos no monte do gozo van nesta edición pasados por auga... pero a choiva non desanima. Tralo cheo de onte nova xornada de música, esta tarde con artistas como Keisi Ou, Bad Gyal, Juan Magán ou Amaia