Operación da Garda Civil en Cangas contra unha rede de tráfico de Rivotril, un medicamento ansiolítico empregado para fabricar unha droga. Hai unha persoa detida e outras 15 están investigadas, entre elas, tres médicos do Sergas | A Fiscalía chama a tratar coa máxima contundencia as agresións a médicos e persoal sanitario, logo do ocorrido a semana pasada nas Urxencias do CHUAC | Máis do 90 por cento dos alumnos graduados nas tres universidades galegas atopan traballo antes de cinco anos | Boas noticias para o sector da pesca do bacallau. Tras mais de 30 anos de moratoria, abrense novos bancos en Terranova. España, con Portugal, é o estado membro da Unión Europea con mais cota de pesca desta especie. 13-02-2025