Acción sorpresa de Greenpeace no complexo administrativo da Xunta en San Caetano. Os activistas entraron no recinto para instalar unha cheminea afumeante en protesta contra o proxecto de Altri en Palas | A investigación sobre os contratos da Xunta durante a pandemia e o sobrecusto do Álvaro Cunqueiro entra na recta final, ante o malestar dos grupos da oposición. Socialistas e nacionalistas din que queda moito por investigar | Satisfacción na Coruña ao ratificar a Federación Internacional de Futbol que Riazor será unha das sedes do Mundial 2030. O estadio coruñés acollerá entre catro e seis partidos | Pontevedra acolle esta semana o certame Novos Cinemas con catro proxecccións diarias ata o domingo | 20.000 euros de premio para quen resolva antes un enigma... É o que propón o creador dun videoxogo ambientado en Allariz. Cada recuncho da vila aporta algunha pista