Arranca a campaña para as eleccións municipais do 28 de maio, coa cidade de Santiago, onde o resultado é especialmente incerto, como a elexida polos tres grandes partidos para os primeiros actos. // Xornada de protestas hoxe en Ferrol. Os traballadores do estaleiro Navantia saíron as rúas de novo para esixir avances na negociación do seu convenio. Á manifestación sumáronse tamén os traballadores do Lidl de Narón, en folga indefinida dende hai tres meses. // O IPC de abril confirma a tendencia á alza, cun aumento interanual do 4´1 por cento en Galicia. O goberno destaca que a tendencia dos alimentos é a moderación tras meses de subidas record. 12-05-23