Máis de cen barcos de cerco galegos volverán pescar xurelo ao norte de Fisterra tras dous anos nos que só se podía capturar de xeito acidental | O grupo Inditex supera os 4.400 millóns de euros de beneficio ao remate do terceiro trimestre. As vendas aumentaron un sete por cento, tamén mellora a contención dos gastos | Protesta de empregados públicos afiliados a Muface en varias cidades. Piden a continuidade da prestación sanitaria que reciben, logo de que as aseguradoras renunciasen ao concurso para prestar este servizo | O expresidente da Xunta Fernando Gonzalez Laxe é homenaxeado hoxe polo Foro Económico de Galicia | O belén de Valga ofrece aos visitantes todo un repertorio de esceas e personaxes de actualidade. Inclúe unha homenaxe especial aos afectados pola Dina de Valencia