Arranca a 'operación especial de tráfico' con motivo da ponte do 15 de agosto, cunha previsión de millón e medio de desprazamenos nas estradas do Noroeste. | As expectativas de ocupación nas zonas turísticas son 'altas', aínda que con menor previsión de gasto. | A inflación repuntou en Galicia ata o 2´1 por cento en xullo. O dato supera en 6 décimas o do mes anterior. Respecto a hai un ano o prezo dos alimentos aumenta un 10´4 por cento. | A Festa do Pulpo, a única cita gastronómica declarada de Interese Turístico Internacional de Galicia, regresa este domingo ao Carballiño. | Ecoloxistas e xentes do mar presentan unha Iniciativa Lexislativa Popular para protexer a pesca e o marisqueo frente a outras actividades. Piden máis garantías legais para estas actividades.| 11-08-23