A campaña electoral céntrase hoxe nas reaccións ao debate ente Pedro Sánches e Núñez Feijóo, no que non faltaron referencias a asuntos relacionados con Galicia. Os candidatos contrastaron datos sobre o endebedamento da Xunta, a política de vivenda, o rescate das caixas ou as peaxes da AP-9. // 11 de xullo, día festivo en Pontevedra. O Mosteiro de Lérez atéigase de romeiros para honrar a San Benitiño, coñecido coma o santo milagreiro que cura verrugas e outros problemas da pel. Moito ambiente tamén na mexilloada popular que se celebra na praia fluvial, á outra beira do río. 11-07-2023