Ana Baneira, coruñesa de 24 anos, permanece en paradoiro descoñecido tras ser detida en Irán, nunha das protestas contra o réxime dos Aiatolas, segundo a axencia de activistas polos dereitos humanos dese país. // o xuízo polo accidente do Alvia celebra unha nova sesión coa testemuña dun alto cargo de Adif que descargou a responsabilidade dos posibles riscos na curva de Angrois sobre a compañía RENFE. // Recargar as caldeiras da calefacción central este outono custaralles case o dobre ás comunidades veciñais polo incremento do prezo do litro do gasóleo. // Moita cantidade e de boa calidade, así din que está a ser o xénero que atopa a frota das rías Baixas que sae a procura da centola, un dos mariscos máis prezados nas mesas de Nadal. 10-11-22