Cheo absoluto en Santiago, esta fin de semana, grazas ao concerto de Robbie Williams no Gozo Fest, con máis de 2.000 compostelas entregadas nun so día. As cifras auguran unha excelente campaña estival e sorprenden mesmo ao propio sector. // Con motivo do centenario do Celta, o equipo celeste vén de ter unha audiencia privada no Vaticano co Papa. O Pontífice afirmou sentirse próximo ao clube polos lazos que unen Galicia e Arxentina. // Homenaxe a Valle Inclán na sua localidade natal de Vilanova de Arousa co Festivalle, o certame teatral que arranca hoxe cunha montaxe musical, interpretada por Pedro Casablanc. 10-07-2023