Pendentes do ceo, así estiveron moitos a mediodía, aproveitando que Galicia foi o miradoiro privilexiado do paso da lúa diante do sol, alí onde as nubes o permitiron. O seguinte eclipse será en outubro de 2022. // Hostaleiros e clientes celebran a ampliación ata 15 persoas nas terrazas e que os bares poidan ter aberto ata á unha da madrugada. E xa non haberá límite para as xuntanzas nas casas nin no exterior. // O Sergas reserva 20.000 doses semanais para administrar canto antes a quen, por distintos motivos, non acudiu á cita co seu grupo de idade. As persoas vacinadas con alguna dose son xa máis da metade da poboación, e o 32 por cento está coa pauta completa. // Pecha en Pontevedra o sanatorio Santa María logo de 72 anos como referente no centro da cidade. Os traballadores protestan pola premura da decisión, e moitos familiares dos ingresados buscan agora onde reubicalos. 10-06-2021