Traballadores sociais reclaman melloras no sistema público de atención a dependentes. Din que situación na que cada mes falecen 30 persoas en espera de que se lles recoñeza o dereito a recibir axuda | Mobilización tamén de profesionais da Medicina, convocados en toda España por organizacións sindicais contra o novo estatuto que elabora o Ministerio de Sanidade. Critican aspectos como a xornada laboral e o rexime de incompatibilidades | Un informe do Defensor do Pobo denuncia situacións de maltrato aos internos dun siquiátrico privado cerca de Santiago. Asegura que algún están ingresados tempo de mais e son sometidos a illamento sen xustificación médica | Apenas dez días despois da homenaxe recibida con motivo do Día da Ilustración, falece Xosé Vizoso, un dos grandes referentes da arte galega. Deseñador estrela de Sargadelos e man dereita de Isaac Díaz Pardo