Aumento de casos de gripe especialmente en nenos. A area de Vigo é a de maior incidencia, con centros hospitalarios ateigados. A consellería de Sanidade espera o pico da vaga de gripe para finais deste mes. // A Xunta vai bonificar cunha rebaixa do 15 por cento no canon do lixo que Sogama cobra aos concellos a cambio de que instalen o quinto colector, o marrón, a partir do próximo ano. // Os expertos en ciberseguridade estiman que as estafas telemáticas están a aumentar este ano un 50 por cento, con respecto ao pasado, que xa superaron as 20.000. 09-11-22