Só Galicia mantén a obriga de presentar certificado de vacinacion ou de test negativo para acceder á hostalaría. Os Tribunais Superiores doutras comunidades rexeitaron a normativa. Os encargados dos establecementos galegos destacan a dificultade de aplicar esa medida. // Segue descendendo a incidencia da quinta vaga de Covid, ainda que hoxe repuntan os hospitalizados, con 25 máis. // A Xunta presenta unha brigada especializada na investigación dos lumes forestais. Fórmano 15 axentes, que reforzarán a persecución dos incendiarios nas zonas con mais incendios. // A restauración da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil saca a relucir pinturas murais descoñecidas, do século 16. Son escenas relixiosas, algunhas en bo estado, que os expertos consideran obra de varios artistas. 09-08-2021