Galicia adquire as competencias sobre o litoral. Había 17 anos, dende o goberno do bipartito, que a nosa comunidade non asumía novos poderes. Un traspaso logo de dous anos de negociacións e unha confrontación entre a administración do Estado e a autonómica pola Lei do litoral, resolta polo Tribunal Constitucional a favor da Xunta | A asociación ‘Non Fumadores’ denuncia incumprimentos da lei antitabaco incluso en lugares especialmente sensibles coma os arredores dos hospitais | A Illa de Arousa autorizada para colgar 12 mallas de engorde de ameixas no espigón do porto do Xufre. Un proxecto piloto da confraría obtivo moi bos resultados | A Real Academia Galega estrea nas redes o documental por capítulos "Se canto é porque quero". A miniserie introdúcenos no mundo das Cantareiras, figura á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.