Nunca Máis, a plataforma cidadá xurdida fronte a xestión do Prestige, reaparece, a piques de cumprirse 20 anos da catástrofe. Dí que, pese aos cambios na normativa, ainda é posible un accidente similar. // Técnicos de empresas que elaboraron os sistemas de seguridade para Adif destacan no xuízo do Alvia que se o dispositivo ERTMS non estivera desconectado podería evitarse o sinistro. // A Xunta alivia a situación de prealerta por seca en varias comarcas, polo aumento das precipitacións. O caudal dos ríos multiplicase por oito no último mes. // Retos científicos, exploración, e ecoloxía na Semana de Cine Submarino que empeza en Vigo. 08-11-2022