Atropelo múltiple en Vilanova de Arousa, con 18 persoas feridas cando asistían a un concerto da Orquestra París de Noia. Hai cinco hospitalizados, catro deles graves. O peor parado, un neno con hemorraxia abdominal. // Máis de 1.300 médicos das áreas de LUgo, Ourense e Vigo expresan nun manifesto o seu malestar polo acordo que asinou a consellería de Sanidade co sindicato CESM para rematar a folga de facultativos. Din que as medidas acordadas son puramente económicas e non favorecen a calidade asistencial. // O cine de animación ten unha cita importante na Coruña a partir deste mércores, coa primeira edición do Festival Imaxinaria, no que competirán preto de 50 películas. 08-05-23