Prisión provisional comunicada e sen fianza para o detido polo crime do Bolo. O marido da vítima enfróntase aos delitos de homicidio e maltrato habitual con agravante de parentesco | Sargadelos máis preto de retomar a actividade en Cervo. A Consellería de Emprego comprométese a apoiar á empresa en caso de ter que levar a cabo obras nas instalacións declaradas Ben de Interese Cultural. Non se concretan datas ni medidas | Galicia produce a metade da pedra que se extrae en España. O sector acusa unha baixada da demanda de aproximadamente un 10 por cento. Din que se constrúe menos e que hai máis países nos que se elabora a pedra | Jennifer López comezará a súa xira por España en Pontevedra. Será o martes 8 de xullo no parque de Tafisa. Presentará o seu último traballo "Up all night". As redes sociais ferven cos fans da cantante que leva máis de 80 millóns de discos vendidos ao longo da súa carreira