Presta declaración no xulgado de Cangas o home acusado de matar súa parella que apareceu aboiando a carón dun coche caído ao mar en Moaña, un crime confirmado como violencia de xénero | O concello de Muxía conta con novo alcalde, o independente Javier Sar, tras prosperar a moción de censura contra o socialista Iago Toba, contou co apoio dos tres concelleiros do Partido popular, os dous do grupo independente e a única representante do BNG | Os colectivos contrarios a planta de Altri en Palas de Rei denuncian que a Xunta está a enviar requerimentos aos particulares que presentaron as 23.000 alegacións contra ao proxecto, para tratar de anulalas | Os sindicatos policiais denuncian que o dispositivo de seguridade previo ao encontró entre o Depor e o Málaga non foi o axeitado. A Liga de Fútbol anuncia que se vai persoar como acusación particular |