Reabren os centros de vacinación masiva para comenzar coa cuarta dose aos maiores de 85 anos. As persoas que queiran poden recibir tamén xa a vacina da gripe. // Os responsables de Saúde das comunidades autónomas coa ministra Carolina Darias deciden, ante a tendencia ascendente dos contaxios, manter a obriga da máscara no transporte público. // O sector pesqueiro da Mariña de Lugo asegura que o veto da Unión Europea que entra en vigor pasado maña vailles afectar plenamente. O ministro Planas limita a 35 as áreas de protección do Atlántico que se verán afectadas. // No día mundial do traballo digno, un estudo indica que o 80 por cento dos traballadores non están satisfeitos coas suas condicións laborais. 07-10-22