Unha tradición de máis de tres séculos que estrea o título de Ben de Interese Cultural. Sabucedo, a aldea da Estrada de 40 veciños, recibe estes días máis de 20.000 visitantes que celebran a rapa das bestas | A Xunta aproba oficialmente a concesión da medalla de ouro de Galicia á princesa Leonor | Os traxes que debuxou Castelao fanse reais nunha exposición que hoxe abre en Santiago. Unha actividade encadrada na celebración do ano Castelao. Tamén imos coñecer un pouco máis de Virxinia Pereira, a muller do intelectual e político de Rianxo | Un grupo de veciños da vila ourensá de Celanova participa esta noite na estrea da nova temporada do programa de TVE o Grand Prix do verán