Menores de 50 anos comenzan a ser vacinados en tódalas áreas sanitarias, coa vacina de Janssen. Como é dunha soa dose, poden sair xa provistos do certificado de vacinación. // Os casos activos están xa ao nivel de agosto do ano pasado, con menos hospitalizados e sen vítimas mortais na última xornada. Dende hoxe non queda ningún concello perimetrado nin en maxima alerta despois de que esta madrugada se rebaixasen as restricións en Mos e A Pobra do Caramiñal. // O Partido Popular comenza en Vigo a recollida de sinturas contra o indulto aos condenados polo referendum ilegal. Socialistas e BNG acusan aos populares de repetir erros na sua política en relación con Cataluña. // Carreira de 150 metros e 250 de natación. Así seleccionan aos aspirantes a ocupar postos de socorristas nas praias de Marín. Empezarán a traballar a mediados de xullo de 12 a oito da tarde. 07-06-2021