Minutos de silencio por Josefa, primeira muller morta pola violencia de xénero este ano en Galicia. Non figuraba no sistema de protección de vítimas de violencia de xénero, o vioxén. No cuartel do Barco de Valdeorras está detido en relación co crime o seu home | Alfonso Rueda di que a manifestación a prol da sanidade pública está moi politizada e a oposición acúsalle de non escoitar á xente e apóiase en datos |Santiago acolle un foro de profesionais para prevenir e detectar casos de abusos sexuais na infancia coincidindo coa detención en Ribeira dun home acusado de distribiur pornografía infantil | Triunfo do fútbol galego a fin de semana. O Celta celebra a permanencia virtual, mentres o Dépor acurta distancia para p playoff de ascenso. Pendentes este serán do Racing de Ferrol en Elche. En Balaídos hoxe, adestramento das xogadoras da selección cara ao partido da Liga das Nacións mañá contra Portugal