Unha muller, detida pola morte do seu marido no municipio coruñés de Paderne. O cadaver foi atopado por axentes da garda civil no domicilio familiar, tapado na cama, con fortes golpes na cabeza. // No xuízo polo triplo crime de Valga o acusado negouse hoxe a declarar. // Tres mulleres galegas, entre os 100 mellores profesionais da medicina de España, segundo a listaxe da revista Forbes. A coruñesa Carmen Vidal Pan, xefa do servizo de alergoloxía do CHUS, traballa a fronte dun equipo que busca unha vacina contra a alerxia ás velutinas. // A memoria de Valle Inclán volveu hoxe á Santiago, á Alameda onde está a súa estatua. Mentres, a exposición, "Valle Inclán Íntimo", no Colexio de Fonseca, ofrece unha imaxe do seu mundo persoal con pezas cedidas pola familia. 07-03-23