Remate oficial da crise sanitaria pola Covid, coa fin da obrigatoriedade da máscara en hospitais farmacias e centros de saúde. // A política galega entra de cheo en clave electoral. No Parlamento, o BNG reclama que Núñez Feijóo dea conta do seu incremento de patrimonio e os socialistas cuestionan a sua relación con Vox. Rueda di que o principal reto para Galicia é acabar co sanchismo. // Ringleiras de universitarios que buscan piso para alugar, ás portas das inmobiliarias en Santiago. Quéixanse pola escasa oferta, e o mal estado dos apartamentos. 05-07-2023