Os percebeiros de Muxía volven mariscar despois poder saír ao mar apenas tres veces no último mes, polas condicións meteorolóxicas. Quéixanse dun exceso de trámites burocráticos, que mesmo está a influir, din, na falta de remuda xeracional | A Xunta presenta o proxecto dunha primeira planta para clasificación e reciclaxe de residuos téxtiles, nas instalacións de Sogama, en Cerceda | A ministra de Vivenda visita na Coruña as obras de contrución de 50 vivendas sociais destinadas ó alugueiro, no barrio de Xuxán | A piques de chegar o Entroido, época de maior demanda de grelos, a produción segue á baixa. Os cambios na climatoloxía e a xubilación de moitos produtores contribuen á sua merma | Un mural xigante de case cincocentos metros cadrados renderá homenaxe á pantalla, figura principal do Entroido de Xinzo de Limia