Xantamos e ceamos máis fóra das nosas casas incluso malia a suba de prezos; 8 de cada 10 persoas fan fóra unha destas comidas de xeito frecuente. Cando é por mor do traballo a opción do ‘tupper’ é a que prevalece. E a demanda de cociña a domicilio medra... En momentos de ocio, cada vez somos menos noctámbulos; aperitivo e ‘tardeo’ gañan adeptos | O apagamento aumentou o interese nas comunidades enerxéticas... As primeiras creáronse buscando o aforro e contan tamén con outro tipo de beneficios para incentivalas. Arestora hai 36 en Galicia | A Policía analiza as imaxes dunha liorta en Pontevedra que se saldou con 3 feridos por arma branca e catro detidos. A colaboración cidadá permitiu localizar axiña a arma, un coitelo de cociña que estaba nunha xardineira da praza. As forzas de seguridade piden máis efectivos e unha abordaxe especial para este tipo de situacións que cada vez son máis frecuentes | As artes escénicas tamén teñen o seu mercado... e está a ter lugar estes días en Santiago.