O Paro segue a baixar, con 500 persoas sen emprego menos rexistradas en Febreiro en Galicia. Os sectores máis beneficiados son os servizos, a construción e a industria... A seguridade social gaña 4.500 afiliados | O BNG concreta as suas sospeitas de irregularidades na compra de materiais para loitar contra a pandemia por parte da Xunta | O sobrepeso afecta xa a metade da poboación e en Galicia calcúlase que máis de 350.000 persoas en Galicia sofren obesidade | Ana Peleteiro gaña a medalla de bronce no Campionato Mundial de Glasgow cun triplo salto de 14,75 metros, que lle abre as portas dos Xogos Olímpicos de París | Exhumación de restos de vítimas do franquismo na foxa do cemiterio do Val, en Narón, o lugar onde foron fusilados máis de 30 membros da tripulación do acorazado de guerra España e outros veciños da comarca ao comenzo da guerra civil