O sector da construción da provincia de Pontevedra estrea a xornada intensiva, que ten como remate as catro da tarde, para evitar o traballo nas horas de calor abafante. // Os partidos intensifican a sua actividade previa o arranque da campaña das eleccións xerais. Os populares confían en acadar unha maoiría de goberno, mentres os socialistas buscan recuperar apoios perdidos nas municipais e o BNG aspira a conseguir por vez primeira grupo parlamentario propio. // Rafa Benítez está xa ao cargo do posto de novo adestrador do Celta. Aposta de altura para o banco vigués, cun técnico que estivo á fronte de equipos como o Real Madrid, Chelsea ou Inter de Milán. 03-07-2023