As caixas que conteñen os exames da Abau saen do búnker da Cidade da Cultura, onde eran custodiados, cara os centros onde mañá terá lugar a primeira xornada das probas deste ano | Os responsables da multinacional Altri defenden o proxecto de macrofábrica de Palas de Rei. Cualifican de falsas as acusacións dos ecoloxistas, e atribuen ás protestas á desinformación | Un piloto vigués falece cando participaba nun festival acrobático en Portugal | Facenda devolveu xa uns 300 millóns de euros correspondentes ás máis de 600.000 declaracións da renda con resultado negativo presentadas en Galicia. Dende hoxe está dispoñible a atención presencial na Axencia Tributaria | As doazóns de órganos aumentan en Galicia case un 50 pr cento no que vai de ano. Os responsables sanitarios queren lembrar mediante unha campaña en Ourense que actualmente hai ainda 80 pacientes á espera dun órgano |