Día grande do entroido de Laza, co Luns Borralleiro. Unha tradición peculiar, onde os protagonistas son os farrapos e a lama. A Xunta declara a celebración do Entroido Ben de Interese Cultural | Segundo día de loito oficial en Lugo polo repentino falecemento da alcaldesa da cidade, a socialista Paula Alvarellos. | Pasa a disposición xudicial un home detido nun luxoso hotel do centro de Vigo, que se negaba a abanoar a habitación e lanzou unha bolsa de cocaína sobre os axentes que o ían arrestar | Pouca cantidade de marisco na Ría de Noia no primeiro día de actividade logo da veda ampliada debido a alta mortaldade de bivalvos | O cineasta Iván Castiñeiras relata a desintegración dunha familia, durante 15 anos, na aldea lusa de Moimenta no documental Deuses de Pedra, na chamada raia seca, marcada polo contrabando e a emigración.