En plena polémica pola autorización de parques eólicos mariños fronte a costa galega, a Ministra de Transición Ecolóxica defende que estas instalacións non son perxudiciais para a pesca. // A Audiencia de Lugo absolve ao único procesado polo doble crime do Cash Récord. O tribunal declara que non hai probas para situalo no lugar e no momento en que tiveron lugar os feitos. // O Porto Exterior da Coruña recibe por primeira vez un cargamento de petróleo na inauguración do novo terminal de Repsol en Punta Langosteira. // Os últimos avances tecnolóxicos para a agricultura e a gandeiría pódense visitar xa na feira de maquinaria profesional de Silleda. 03-03-2023