Abertos ao tráfico os 12 quilómetros de autovía que unen Melide e Palas de Rei. Forman parte da A-54, de Santiago a Lugo, unha infraestrutura proxectada hai xa tres décadas | Polémica entre as forzas políticas ao coñecerse o informe de Augas de Galicia que considera que o proxecto de Altri en Palas de Rei cumpre con todas normativas medioambientais | Detidas en Pontevedra tres persoas por apoloxía do terrorismo xihadista | A Xunta aproba o Plan Galego de Investigación e Innovación para o periodo 2025-2027, cun investimento de máis de 1.300 millons de euros en I+D+I | No porto de Vigo leva máis dunha semana amarrado un buque cargado con obuses. O barco non poderá partir ata que repare os danos que sufriu a súa carga por mor dunha borrasca
