A Cabalgata de Reis de Vigo será este ano estática, dentro do recinto do IFEVI. Na Coruña manterase o desfile na rúa na véspera de reis, anque varia o percorrido previsto | Xornada hoxe de Comercios cheos para escoller os últimos agasallos. Os Reis e os seus axudantes apuran esta fin de semana, antes da gran noite da ilusión para pequenos e maiores | O ano remata cunha baixada do paro en máis de 10.000 persoas na nosa comunidade. As afiliacións á seguridade social medran ata supear o millón de traballadores | En Sanxenxo, bota a andar unha oficina de atención aos migrantes. Trátase dunha colaboración coa ONG Accem, a que axuda aos refuxiados de Mali en Galicia