O mes de maio bate récord de emprego, rozando o millón 60 mil afiliados en Galicia, a cifra máis alta dende hai 15 anos. A ponte de maio e o bo tempo fixeron que as contratacións no sector servizos aumentaran. // Esperanza e cautela entre as familias dos 21 falecidos no Villa de Pitanxo, logo de que o buque Artabro, encargado de buscalo, atopase na zona do naufraxio unha estructura compatible coa do pesqueiro. // A DXT pon en marcha unha iniciativa para mellorar a seguridade vial dos peregrinos que fan o camiño en bicicleta e a pé na provincia de Lugo, co reparto de chalecos reflectantes e outros dispositivos, en Portomarín. 02-06-23