20 persoas sentan no banco por unha problemática social; a dificultade de acceso a unha vivenda e a exclusión. Están acusadas por ocupar o edificio de Vigo que se incendiou hai dous anos falecendo unha nai e tres dos seus fillos. Entre os acusados está o propio viuvo e pai das vítimas | As confrarías de Ferrol, Barallobre e Mugardos acordan deixar de recoller marisco na ría ferrolá para tentar unha recuperación dos recursos mariños. Será un paro de tres meses | Protestas diante do Hospital de Ourense polo estado do materno infantil, con tres desprendementos de falsos teitos en dous anos | Isaac Díaz Pardo é o homenaxeado no Día das Artes Galegas. Figura clave para entender a nosa arte contemporánea, fundou o Laboratorio de Formas de Galicia, que serviu de base para o renacemento da cerámica de Sargadelos