Galicia é unha das comunidades con máis beneficiarios da suba do salario mínimo, unhas 100.000 persoas según os cálculos do goberno. O incremento repercutirá sobre todo en mulleres, mozos e traballadores do sector primario. // Incendio nun ático no centro de Ourense, que obrigou a desaloxar a todos os veciños do edificio por precaución. Hai tres persoas feridas leves por inhalación de fume. // A directora xeral de seguridade de Adif declara no xuízo polo accidente do Alvia e descarga na compañía Renfe a responsabilidade da seguridade na curva. // O Celta incorpora ao internacional suizo Haris Seferovic como único reforzo do mercado de inverno, ao tempo que traspasa a Denis Suárez. 01-02-23