Un grupo de 25 sendeiristas de Vigo foi rescatado de madrugada nunha ruta de montaña en Cantabria con neve e a oito graos baixo cero // O PSdeG defende as listas electorais aprobadas no congreso federal do PSOE e resta importancia ás críticas de algúns líderes do partido en Galicia // Máis dun cento de barcos da Coruña renuncian á pesqueiría da xarda // As vitorias dos rivais complican ainda máis a situación do Celta despois de perder ante o Real Madrid // O breogán destitúe a Natxo Lezcano trala dura derrota sofrida esta fin de semana ante o Delteco, que sitúa aos de Lugo en postos de descenso // O Museo Provincial de Pontevedra exhibe un cadro do Greco, cedido polo Museo do Prado. 18/03/19