O tempo complicarase para o día de todos os santos coa chegada da borrasca Ciaran a partir de mañá pola tarde. De momento, hoxe subiron as temperaturas grazas ao vento do sur-sudoeste que de cara a tarde noite deixará refachos fortes no litoral atlántico. Activaranse alertas nesa zona por treboadas con chuvias que poden ser localmente fortes.31-10-23