Unha fronte fría atravesa Galicia, deixando nubes baixas e chuvias durante a mañá. A tarde será de chuvascos localmente treboentos e acompañados dalgunha sarabiada ao final do día, cando a cota de neve baixa aos 800 metros. As temperaturas máximas tamén descenden e quedarán entre os 13 graos de Lugo e os 18 de Ourense. 30-04-2024